lunes, 26 de diciembre de 2011

FELICITACIÓN NAVIDEÑA


VIOLENCIA CERO


Nunha data de outono, o 25 de novembro, tristemente lembramos a violencia de xénero. Puxemos o noso gran de area colaborando na confección dun camiño de mans que ese día se colocaría arredor da catedral.
Na aula fixemos un mural onde escribimos como solucionamos os problemas que de vez en cando temos cos amigos/as.

CLICA NA IMAXE



viernes, 23 de diciembre de 2011

UNHA TERRORÍFICA FESTA


En tempo de outono, alá polo mes de novembro, celebramos a festa máis terrorífica do cole: O SAMAÍN.
Os alumnos do 1º ciclo para festexalo por todo o alto contaron o conto " Corre, corre cabaciña " e bailaron ao son dunha tenebrosa canción. Lembremos con este vídeo un día de medo.

lunes, 12 de diciembre de 2011

PAISAXES DE OUTONO

En tempo de outono ben abrigadiños e a disfrutar da choiva, o vento, das follas que caen das árbores e dunhas cores vermellas, laranxas, amarelas...que son un festival para os sentidos. Nós, fixemos en plástica unhas paisaxes que esperamos que vos gusten.






miércoles, 7 de diciembre de 2011

O XARDÍN DO EMPERADOR


O Premio Andersem é o máis importante de Literatura Infantil. O 2 de abril, data de nacemento de Christiam Andersem, conmemórase o Día da Literatura Infantil. Os alumnos de 2º A para celebralo, cando estabamos en 1º, inventamos un contiño con algúns personaxes dos contos de Andersem. Escoita e fai as actividades.

jueves, 1 de diciembre de 2011

DÍA DA CONSTITUCIÓN

O día 6 de decembro estamos de festa. Moitos están contentísimos porque non hai cole pero ademáis é unha data especial porque celebramos o aniversario da nosa Constitución. Ui!! alguén non saberá de que estamos a falar por iso para estar informado escoita esta animación e despois xoga para demostrar o que aprendiches. Feliz día!!