lunes, 26 de diciembre de 2011

FELICITACIÓN NAVIDEÑA


VIOLENCIA CERO


Nunha data de outono, o 25 de novembro, tristemente lembramos a violencia de xénero. Puxemos o noso gran de area colaborando na confección dun camiño de mans que ese día se colocaría arredor da catedral.
Na aula fixemos un mural onde escribimos como solucionamos os problemas que de vez en cando temos cos amigos/as.

CLICA NA IMAXE



viernes, 23 de diciembre de 2011

UNHA TERRORÍFICA FESTA


En tempo de outono, alá polo mes de novembro, celebramos a festa máis terrorífica do cole: O SAMAÍN.
Os alumnos do 1º ciclo para festexalo por todo o alto contaron o conto " Corre, corre cabaciña " e bailaron ao son dunha tenebrosa canción. Lembremos con este vídeo un día de medo.

lunes, 12 de diciembre de 2011

PAISAXES DE OUTONO

En tempo de outono ben abrigadiños e a disfrutar da choiva, o vento, das follas que caen das árbores e dunhas cores vermellas, laranxas, amarelas...que son un festival para os sentidos. Nós, fixemos en plástica unhas paisaxes que esperamos que vos gusten.






miércoles, 7 de diciembre de 2011

O XARDÍN DO EMPERADOR


O Premio Andersem é o máis importante de Literatura Infantil. O 2 de abril, data de nacemento de Christiam Andersem, conmemórase o Día da Literatura Infantil. Os alumnos de 2º A para celebralo, cando estabamos en 1º, inventamos un contiño con algúns personaxes dos contos de Andersem. Escoita e fai as actividades.

jueves, 1 de diciembre de 2011

DÍA DA CONSTITUCIÓN

O día 6 de decembro estamos de festa. Moitos están contentísimos porque non hai cole pero ademáis é unha data especial porque celebramos o aniversario da nosa Constitución. Ui!! alguén non saberá de que estamos a falar por iso para estar informado escoita esta animación e despois xoga para demostrar o que aprendiches. Feliz día!!

miércoles, 30 de noviembre de 2011

martes, 22 de noviembre de 2011

ACTIVIDADES SOBRE VERTEBRADOS


Unha vez ben informado, fai agora estas actividades. Le despacio e presta atención.

ANIMAIS VERTEBRADOS


Agora que en coñecemento estamos a estudar o tema dos animais, si queres ser un alumno ben informado, non deixes de ver este video. Despois con todo o aprendido farás unhas interesantes actividades.



lunes, 14 de noviembre de 2011

CANTAMOS AO OUTONO


A mal tempo boa cara, di o refrán. Escoitade esta canción e despois animádevos a cantala.









MAGOSTO 2011


Pouco a pouco foi chegando o outono e tamén o tempo das castañas. O día máxico do 11-11-11 celebraremos o magosto no cole. Para abrir boca podes facer estas apetitosas actividades.



miércoles, 9 de noviembre de 2011

BENVID@S AO CURSO 2011-12


Os trasniños d@ Raíña saúdan á Comunidade Educativa neste novo curso.Vimos con forza para traballar e aprender moito. Botade unha ollada de vez en cando ao noso blog,xa veredes cantas cousiñas...

miércoles, 25 de mayo de 2011

viernes, 20 de mayo de 2011

E TI A QUEN QUERES MÁIS?


Alá polo mes de febreiro, para festexar o día dos namorados, a dama que garda a biblioteca d@ Raíña propuxo un concurso de debuxo co tema: E ti a quen queres máis? Os nosos trasniños demostraron ter un corazón moi grande. A continuación podedes ver un vídeo elaborado cos seus debuxos e belas poesías de amor de tódolos tempos.

FELICIDADES TRASNIÑOS!!

REPASA MATEMÁTICAS



A raíña está cansa de que os trasniños anden enredando todo o día polo castelo. Así que lles propón poñer a cabeza a pensar e resolver correctamente este caderno de matemáticas. Serán quen de facelo?

Pica na foto e... adiante!!

jueves, 19 de mayo de 2011

FONCHITO E A LÚA

O castelo d@ Raíña ten unha biblioteca onde hai interesantes libros. Os trasniños, como son moi curiosos, len moito. Un día atoparon unha bela historia "Fonchito e a lúa" dun escritor moi importante: Mario Vargas Llosa, Premio Nobel de Literatura 2.010.






lunes, 16 de mayo de 2011

PEIXE DE PLASTILINA

Os trasniños viron tantos peixes no Acuario que decidiron facer un bonito peixe de plastilina. Fíxate, tí tamén podes intentalo.



VISITA AO MUNDO SUBMARIÑO

Galicia, ademáis de ser o país dos mil ríos, ten unha importante e rica costa bañada polo Mar Cantábrico e o Océano Atlántico. Os trasniños na visita que fixeron ao Acuario da Coruña poideron ver algunha das súas riquezas.


UNHA VOLTA POLO R. SARELA


Galicia é o país dos mil ríos e o noso castelo está rodeado por un deles: O Río Sarela. Os trasnos, ao pouco tempo de instalarse no castelo d@ Raíña, decidiron facer unha camiñata e observar as marabillas que o Sarela lles ofrece.

MARCAPÁXINAS LETRAS GALEGAS


Os trasniños fixeron uns marcapáxinas para celebrar As Letras Galegas. Neles copiaron estrofas dalgunha poesía de importantes escritores galegos. Aquí aparece unha mostra.

LETRAS GALEGAS





O 17 de maio celebramos " O Día das Letras Galegas ". Este ano adícaselle ao escritor Lois Pereiro. Para nós, os trasniños d@ Raíña non é doado de ler pero si picas na foto do escritor atoparás unha sinxela historia sobre a súa vida e xogos divertidos cos que aprender.

OS TRASNOS DE 1º B

domingo, 8 de mayo de 2011



A Raíña vos saúda dende o seu fantástico castelo. Vaia parece que nos quere presentar aos seus queridos trasnos.


BENVID@S


Ola, son un dos pícaros trasnos que merodean polo castelo d@ Raíña. Iremos aparecendo pouco a pouco para contarvos todo o que acontece neste fantástico reino.