miércoles, 25 de mayo de 2011

viernes, 20 de mayo de 2011

E TI A QUEN QUERES MÁIS?


Alá polo mes de febreiro, para festexar o día dos namorados, a dama que garda a biblioteca d@ Raíña propuxo un concurso de debuxo co tema: E ti a quen queres máis? Os nosos trasniños demostraron ter un corazón moi grande. A continuación podedes ver un vídeo elaborado cos seus debuxos e belas poesías de amor de tódolos tempos.

FELICIDADES TRASNIÑOS!!

REPASA MATEMÁTICAS



A raíña está cansa de que os trasniños anden enredando todo o día polo castelo. Así que lles propón poñer a cabeza a pensar e resolver correctamente este caderno de matemáticas. Serán quen de facelo?

Pica na foto e... adiante!!

jueves, 19 de mayo de 2011

FONCHITO E A LÚA

O castelo d@ Raíña ten unha biblioteca onde hai interesantes libros. Os trasniños, como son moi curiosos, len moito. Un día atoparon unha bela historia "Fonchito e a lúa" dun escritor moi importante: Mario Vargas Llosa, Premio Nobel de Literatura 2.010.






lunes, 16 de mayo de 2011

PEIXE DE PLASTILINA

Os trasniños viron tantos peixes no Acuario que decidiron facer un bonito peixe de plastilina. Fíxate, tí tamén podes intentalo.



VISITA AO MUNDO SUBMARIÑO

Galicia, ademáis de ser o país dos mil ríos, ten unha importante e rica costa bañada polo Mar Cantábrico e o Océano Atlántico. Os trasniños na visita que fixeron ao Acuario da Coruña poideron ver algunha das súas riquezas.


UNHA VOLTA POLO R. SARELA


Galicia é o país dos mil ríos e o noso castelo está rodeado por un deles: O Río Sarela. Os trasnos, ao pouco tempo de instalarse no castelo d@ Raíña, decidiron facer unha camiñata e observar as marabillas que o Sarela lles ofrece.

MARCAPÁXINAS LETRAS GALEGAS


Os trasniños fixeron uns marcapáxinas para celebrar As Letras Galegas. Neles copiaron estrofas dalgunha poesía de importantes escritores galegos. Aquí aparece unha mostra.

LETRAS GALEGAS





O 17 de maio celebramos " O Día das Letras Galegas ". Este ano adícaselle ao escritor Lois Pereiro. Para nós, os trasniños d@ Raíña non é doado de ler pero si picas na foto do escritor atoparás unha sinxela historia sobre a súa vida e xogos divertidos cos que aprender.

OS TRASNOS DE 1º B

domingo, 8 de mayo de 2011



A Raíña vos saúda dende o seu fantástico castelo. Vaia parece que nos quere presentar aos seus queridos trasnos.


BENVID@S


Ola, son un dos pícaros trasnos que merodean polo castelo d@ Raíña. Iremos aparecendo pouco a pouco para contarvos todo o que acontece neste fantástico reino.